InicioLugo e contornaLugoLugo manterase vixiante para impedir o regreso da "praga" de estorniños

Lugo manterase vixiante para impedir o regreso da “praga” de estorniños

Comezan a limpeza nas zonas máis afectadas pola ave.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A concellaría de Medio Ambiente do Concello de Lugo deu por controlada a praga de estorniños na cidade. O Executivo de Lara Méndez informou nun comunicado de que intensificará os labores de limpeza das zonas máis afectadas por esta ave como os parques de Rosalía de Castro e Milagrosa.

Ademais, Medio Ambiente informou de que a empresa contratada para expulsar a esta especie encargarase agora da vixilancia dos 26 enclaves onde se atopan para evitar que pasen a noite de novo noutros puntos da cidade. No comunicado, o Concello explicou que a presenza masiva do estorniño débese ao seu carácter migratorio, que se viu modulado por factores climatolóxicos. Nesta liña, o tenente de alcaldesa, Miguel Fernández, comentou que as actuacións estiveron dirixidas exclusivamente ao estorniño negro e ao pinto, sen chegar a expulsar a outras especies.

Ditas actuacións baseáronse en afastar ás aves das zonas afectadas mediante sons e aves rapaces, confinando á poboación desta especie nos 26 enclaves considerados “dormideros primarios” e que agora se manterán baixo vixilancia. O edil asegurou que a vixilancia é necesaria, porque este problema “non se atallou para sempre” e que as aves recoñecen estas zonas como beneficiosas pola ausencia de depredadores. Tamén, engadiu que “os técnicos xa conseguiron evitar que entren máis na cidade á noitiña” e que esperan que nos próximos días o estorniño quede limitado a pequenos grupos que non causen molestias aos cidadáns.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

O PP de Cervantes trasládalle á Xunta a “preocupación” pola atención médica na zona

Os concelleiros do PP de Cervantes reuníronse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,...

Lugo abre o canil de Frigsa aínda que con limitacións por motivos de seguridade

O Concello de Lugo informou de que a reapertura do canil de Frigsa, aínda...

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...