InicioSucesosCondena de oito anos e medio de prisión por abusar sexualmente dunha...

Condena de oito anos e medio de prisión por abusar sexualmente dunha muller con discapacidade

Os xuíces destacan na sentenza que o acusado "aproveitando a maior vulnerabilidade da vítima, derivada da súa discapacidade mental, logrou que acudise a un lugar no que podía desenvolver o seu propósito".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a oito anos e medio de prisión a un acusado de abusar sexualmente de forma continuada dunha muller nunha lavandaría. A vítima ten diagnosticada unha discapacidade intelectual e de desenvolvemento psicolóxico e madurativo do 65,5%, segundo a sentenza.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), ao home impúxoselle tamén a prohibición de achegarse ao domicilio e centro de estudos ou lugar de traballo da vítima, ou a calquera outra zona que frecuente a menos de 300 metros, e de comunicarse con ela por calquera medio ou procedemento durante o prazo de 10 anos. Ademais, o condenado deberá indemnizala con 8.000 euros polos danos causados.

Os xuíces destacan na sentenza que o acusado “aproveitando a maior vulnerabilidade da vítima, derivada da súa discapacidade mental, logrou que acudise a un lugar no que podía desenvolver o seu propósito”.

FEITOS PROBADOS

A sentenza ratifica que a muller está diagnosticada de discapacidade intelectual leve e ten un nivel de desenvolvemento psicolóxico e madurativo inferior, o que inflúe na súa forma de expresarse e a súa relación coa contorna. Iso resulta apreciable, engade, “desde un primeiro momento” no trato coa mesma.

Engade o relato dos feitos que o condenado, “consciente da devandita situación de discapacidade e da súa maior debilidade”, foi “intimando” con ela en 2019, dirixiulle expresións obscenas e “logrou que en polo menos dúas ocasións” ela accedese á lavandaría propiedade do seu fillo e, na parte de atrás, tras sentar nunha cadeira, fíxolle tocamentos en zona vaxinal e peitos, ademais de introducirlle un dedo na vaxina.

A sentenza tamén recolle que a vítima se negou a tocarlle a el e que nunca accedeu aos seus tocamentos, tratando de apartalo ata lograr deixar a lavandaría.

ÚLTIMAS

O alcalde de Lugo pide por carta ao Ministerio de Transportes que inclúa á cidade nas melloras ferroviarias

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, pedirá por carta ao Ministerio de Transportes que...

O Concello de Lugo estuda unir os parques Rosalía de Castro e Marcos Cela cunha pasarela peonil

 Concello de Lugo proxecta a unión dos parques Rosalía de Castro e Marcos Cela...

O patrocinio dun clube de alterne no cartel dunhas festas volve xerar polémica en Outeiro de Rei

Un ano máis xurdiu a polémica en Outeiro de Rei pola publicidade que se...

Un incendio nunhas instalacións agrarias mobiliza os servizos de emerxencias en Friol

Os servizos de emerxencias traballan a esta hora na extinción dun incendio nas instalacións...