InicioLugo e contornaLugoDesaloxados varios locais dun centro comercial en Lugo debido a un escape...

Desaloxados varios locais dun centro comercial en Lugo debido a un escape de gas

Non houbo que lamentar feridos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os servizos de emerxencia desaloxaron este martes, como medida preventiva, varios establecementos dun centro comercial debido a un escape gas que tivo lugar nas proximidades das galerías comerciais, pero ningunha persoa resultou ferida nin afectada. Así o informou o 112 Galicia, que concretou que a fuga de gas produciuse ao danarse unha tubaxe nunha obra na Avenida Infanta Elena Duquesa de Lugo, no Polígono do Ceao.

Foi un operario da mesma quen contactou co 112 Galicia para alertar dos feitos. Segundo indicou na súa comunicación, picaran unha tubaxe de gas e non podían deter a fuga, pero concretou que ningunha persoa precisaba asistencia. Tras iso, o persoal do CIAE 112 Galicia informou o escape de gas aos Bombeiros de Lugo, á Policía Local, a Protección Civil da cidade e á empresa subministradora do gas.

Segundo confirmaron ao 112 Galicia os Bombeiros de Lugo, a fuga produciuse nas proximidades do centro comercial e habían desaloxado dous supermercados e tres establecementos comerciais. Tamén os axentes da Policía Local de Lugo informaron ao 112 Galicia de que o desaloxo fora con carácter preventivo e ningunha persoa precisaba asistencia.

Ademais, segundo a información facilitada ao 112 Galicia pola empresa subministradora do gas, a zona está asegurada e está previsto que os locais desaloxados volvan abrir nun tres horas.

ÚLTIMAS

Tomé dá por resolta a crise no PSOE de Lugo: “Foi unha situación insólita”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, deu por resolta a crise no PSOE...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia xa é Ben de Interese Cultural

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, que se celebra en Lugo este domingo,...

O alcalde de Lugo Miguel Fernández toma as rendas do PSOE local

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, foi elixido secretario xeral do PSOE local, en substitución da edil...

O PP de Lugo reclama explicacións a Tomé pola “maior crise de goberno” na Deputación

O Partido Popular de Lugo esixiu explicacións ao presidente da Deputación, José Tomé, ante...