InicioPolíticaO Parlamento reclama ao Goberno que faga as obras na N-120 en...

O Parlamento reclama ao Goberno que faga as obras na N-120 en Lugo e Ourense

A Cámara galega tamén pide ao executivo central a creación de máis áreas Rexurbe.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Parlamento de Galicia aprobou este martes dúas proposicións non de lei do Grupo Popular nas que piden, por unha banda, que o Goberno central leve a cabo as obras nas infraestruturas comprometidas no sur da provincia de Lugo e oriente de Ourense na N-120, singularmente os carrís de adiantamento, e a activación da A-76.

Ademais, insta á Xunta a “continuar coa aplicación” do programa Rexurbe, realizando novas convocatorias públicas de adquisición de inmobles e declarando novas áreas, a través da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e rexeneración e renovación urbanas de Galicia.

En canto ás obras da N-120, a deputada popular Raquel Arias lembrou que a estrada N-120 é a única vía de comunicación entre as comarcas orientais de Ourense, a capital da provincia e a comarca de Lemos. “Ante esta situación, desde o PPdeG solicitamos en numerosas ocasións, tanto no Congreso como no Parlamento de Galicia, a construción dos carrís de adiantamento na estrada N-120 e da A-76, a autovía pensada para ser alternativa á estrada nacional”, lembrou.

Pola súa banda, a deputada popular Begoña Freire lembrou que a Xunta “leva moito tempo en actuacións de rehabilitación e de recuperación de conxuntos históricos”.

A reutilización dos espazos residenciais degradados, tanto en cidades como pobos ou núcleos rurais, xogan un papel fundamental nas políticas de vivenda como solución eficiente, sustentable e de futuro á hora de dar resposta ás necesidades de vivenda da poboación de conservar o patrimonio construído e de minorizar os impactos no medio”, sinalou.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...