InicioLugo e contornaCastroverdeO alcalde de Castroverde carga contra a dirección do PSdeG

O alcalde de Castroverde carga contra a dirección do PSdeG

Acúsaos de non dialogar coas estruturas provinciais e desenvolver un partido "unipersoal".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Castroverde, o socialista Xosé María Arias, criticou que “a día de hoxe” o PSOE de Lugo non ten contacto nin coas agrupacións locais nin coas alcaldías. “Hai que facer fronte a problemas como o agro, o leite ou a crise industrial, que o PSOE non está a defender e non o está defendendo porque aquí non hai partido”, sostivo o rexedor un día despois de que se postulase para aspirar ás primarias que elixirán ao novo secretario xeral do PSOE na provincia.

O rexedor queixouse de que primou nos últimos anos “un PSOE unipersonal”. “E é o que se segue pretendendo facer e non estou disposto a isto e por iso rebélome”, asegurou para destacar que no próximo congreso provincial decidirase o modelo de partido queren os militantes, “un modelo unipersonal ou un modelo onde se dialogue”.

Ademais, despois de coñecerse que a actual secrtaria provincial non optará á reelección, reprochoulle que actuase como “un comodín para moita xente”, sen apenas presencia nos distintos foros do PSOE a nivel de Lugo. Pola súa banda, preguntado respecto diso nun acto en Lugo, o presidente da Deputación, José Tomé, evitou pronunciarse sobre a súa posible candidatura á secretaría provincial do PSOE en Lugo, que fontes socialistas dan por feito.

Tomei incide en que, “neste momento, non está o proceso aberto”. “Onte participei nunha comisión executiva onde se convocou o comité provincial, que é o órgano que lle toca convocar o congreso e as primarias e vai ser o vindeiro sábado”, pormenorizou. O tamén alcalde de Monforte insistiu en que como “o proceso non está aberto” quere ser “respectuoso cos tempos”. “Sempre o fun e vouno a seguir sendo”, indicou. “Por tanto ata que o comité provincial convoque o proceso de primarias e do congreso, eu non vou situarme”, soltou finalmente.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...