InicioLugo e contornaOuteiro de ReiO Premio Artesanía de Galicia 2021 recae no Taller de Cesta Idoia...

O Premio Artesanía de Galicia 2021 recae no Taller de Cesta Idoia Cuesta

Idoia Cuesta, segundo informa a Xunta, é "unha referencia na actualización das técnicas da cestaría e a súa aplicación a diferentes materiais como o téxtil ou a tanza de pesca",

PUBLICADA O

- Advertisement -

O taller Idoia Cuesta Cestaría Contemporánea, de Outeiro de Rei, foi galardoado coa máxima categoría do Premio Artesanía de Galicia 2021, dotada con 9.000 euros, pola súa peza ‘Abisal’, un cesto con materiais de pesca artesanal reciclados que formaba parte dunha colección baseada na zooloxía mariña.

Este proxecto impúxose aos outros dous finalistas, os talleres Santiago Besteiro Design, de Monterroso, e Jafarta, de Santiago, nunha gala celebrada este luns no Hotel Monumento San Francisco da capital galega.

Idoia Costa, segundo informa a Xunta, é “unha referencia na actualización das técnicas da cestaría e a súa aplicación a diferentes materiais como o téxtil ou a tanza de pesca”, como é o caso de ‘Abisal’. Precisamente, o xurado destacou a este proxecto por ser “unha peza contemporánea cunha manufactura tradicional e unha manisfestación contuntende do oficio”.

No acto de repartición deste galardón, que contou coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Francisco Conde, entre outras autoridades, tamén se recoñeceu co Premio Traxectoria, de carácter honorífico, a Álvaro Seivane Magide, responsable do Obradoiro de Gaitas Seivane de Cambre, a proposta da Asociación Galega de Artesáns.

O homenaxeado o continuador dunha herdanza familiar que ten as súas orixes en 1939 co patriarca Xosé Manuel Seivane Rivas. Agora, con Álvaro Seivane como mentor, o taller desenvolveu investigacións sobre cuestións de ton, de timbre, de afinación e de sonoridade e incorporou novos materiais sintéticos, entre outras iniciativas innovadoras.

Por outra banda, Julia do Cal, do taller de cestaría A Parabólica, do Porriño, recibiu a Bolsa Eloy Xesto, dotada con 4.000 euros que investirá na continuación da súa formación en Francia, coa asociación L’Oserai du Possible.

A ARTESANÍA, “MELLOR ESCAPARATE” DE ‘GALICIA CALIDADE’

Durante o acto, o presidente da Xunta destacou á artesanía galega como “mellor escaparate” da marca ‘Galicia Calidade’, xa que conforma un “equilibrio entre tradición e innovación, entre a evolución, a modernización e a comercialización”.

E é que, de acordo con datos aos que fixo alusión durante o seu discurso, o sector está formado na Comunidade por case 3.300 profesionais que traballan en 749 talleres e cuxas actividades dan emprego a máis de 7.800 persoas. Non en balde, Feijóo lembrou que o número de obradoiros aumentou na última década un 65 por cento, mentres que o número de artesáns fíxoo nun 18 por cento.

Así, defendeu que, desde a súa chegada á Presidencia en 2009, a Xunta investiu “preto de 22 millóns de euros destinados á modernización, á mellora da comercialización e a formación de aprendices no sector”. Neste contexto, remarcou o “compromiso” do seu goberno con esta industria.

Así mesmo, Feijóo subliñou que Galicia foi a primeira comunidade cunha marca propia neste ámbito –‘Artesanía de Galicia’–, que de feito está presente en países de todo o mundo como Xapón, Reino Unido, Australia, Suecia ou Italia.

Tras agradecer os traballos presentados e felicitar aos galardoados, tivo palabras de recoñecemento para Álvaro Seivane, receptor do premio honorífico. O presidente da Xunta erixiu ao Obradoiro de Gaitas Seivane en “todo un referente internacional na elaboración” do instrumento.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Accidente en Guitiriz con tres vehículos implicados e un ferido

Varios vehículos víronse implicados este venres, pouco antes do seis da madrugada, nun accidente...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...