InicioSociedadeA concelleira de Cultura de Lugo permanece confinada con "síntomas leves" por...

A concelleira de Cultura de Lugo permanece confinada con “síntomas leves” por positivo en Covid

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua de Lugo, Maite Ferreiro, recibiu "as correspondentes vacinas", permanecerá teletraballando desde o confinamento "ata que as autoridades sanitarias o indiquen".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua de Lugo, Maite Ferreiro, permanece confinada con “síntomas leves” tras o seu positivo por Covid-19.

Así o informou a área de Cultura do Concello de Lugo, que explicou que tras a realización dunha proba PCR na que deu positivo, a concelleira Maite Ferreiro permanecerá en modo teletraballo.

As mesmas fontes municipais detallaron que a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua de Lugo está “ben e ten síntomas moi leves”.

Ademais, as mesmas fontes puntualizaron que a concelleira, que recibiu “as correspondentes vacinas”, permanecerá teletraballando desde o confinamento “ata que as autoridades sanitarias o indiquen”.

ÚLTIMAS

Unha pelexa nun after en Lugo mobiliza a varias unidades policiais

Dous mozos protagonizaron este xoves unha pelexa ante un local de after no centro...

A Garda Civil investiga unha lucense por defraudar 17.800 euros en axudas da PAC

A Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha veciña de Lugo, de...

José Tomé avisa tras deixar a Presidencia da Deputación: “Non pararei ata descubrir que hai detrás de todo”

José Tomé oficializou este martes a súa renuncia á presidencia da Deputación de Lugo...

O nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de Lugo ata o 14 de xaneiro

O Pazo de San Marcos acollerá este martes o último Pleno do ano, no...