InicioLugo e contornaLugoFerida unha persoa que tivo que ser trasladada tras unha colisión múltiple

Ferida unha persoa que tivo que ser trasladada tras unha colisión múltiple

No accidente houbo tres vehículos implicados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha persoa resultou ferida na mañá deste martes en Lugo nun accidente con tres vehículos implicados, tras o que foi evacuada a un centro hospitalario.

Segundo informou o 112 Galicia, varios particulares informaron o servizos de emerxencias pasadas as 9,30 horas deste martes de que acababan de chocar tres turismos no punto quilométrico 2 da estrada comarcal LU-612.

Nas comunicacións, indicouse que había unha persoa que se atopaba mal e que, ademais, os vehículos entorpecían a circulación. Por iso, os xestores do CIAE-112 comunicáronlle os feitos aos servizos sanitarios, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local e aos Bombeiros de Lugo. Co fin de asegurar o tráfico na calzada, tamén se avisou ao persoal de mantemento da vía.

Finalmente, o persoal sanitario confirmoulle ao 112 Galicia que unha persoa tivo que ser trasladada para recibir asistencia a consecuencia da colisión múltiple.

En concreto, o 061 enviou ao lugar unha ambulancia de soporte vital básico que trasladou á persoa ferida ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...

Axenda teatral do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación

Continúa a dinámica axenda teatral dos concellos de Lugo dentro do Circuíto de Teatro...

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...