InicioCulturaUnha viaxe desde Lugo polas conexións de Afonso X con Galicia

Unha viaxe desde Lugo polas conexións de Afonso X con Galicia

Chega á cidade a exposición 'Afonso X e Galicia', que pode visitarse desde este xoves na Capela de Santa María de Lugo da man do Consello da Cultura Galega.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Esta semana cumpríronse 800 anos do nacemento de Afonso X, unha figura destacada da cultura europea. Sobre o legado do monarca e a súa conexión con Galicia trata ‘Afonso X e Galicia’, un proxecto expositivo organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) coa colaboración da Xunta de Galicia e as deputacións de Ourense e Lugo.

Esta proposta chegou este xoves á Capela de Santa María de Lugo para amosar unha faceta pouco coñecida da súa figura e convidar a coñecer a súa influencia a través de documentos, testemuños arqueolóxicos, literarios e musicais que amosan o legado afonsino en paralelo ao esplendor da cultura galega na etapa medieval.

A presidenta do CCG, Rosario Álvarez; o delegado territorial de Lugo, Javier Arias; o vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández; e o deputado provincial de Artesanía e Deseño de Lugo, Efrén Castro, inauguraron esta mostra que estará aberta ata o 17 de abril. O comisario, Antonio Rossell, fixo un percorrido pola
exposición, que contará nas vindeiras semanas cun programa de visitas guiadas e un concerto.

A primeira das partes busca presentar a Afonso X na súa dimensión máis humana. A segunda está orientada a ofrecer a vida e conflitos persoais do monarca. Despois, preséntase o seu labor científico, histórico e cultural cunha recreación do obradoiro, onde o protagonismo recae nos manuscritos e nas miniaturas. De seguido, o cuarto espazo está dedicado á zona da música e dos instrumentos medievais coas distintas reproducións chegadas de diferentes espazos.

A súa obra cimeira, as Cantigas de Santa Maria, están presentes na mostra cunha escolma que se presenta simultaneamente en seis pantallas. O último espazo está dedicado a ilustrar graficamente a sociedade medieval e a vida do monarca a través das imaxes do Códice Rico do Escorial das Cantigas.

DE ROTEIROS A CONCERTOS

Antoni Rossell explicou na visita guiada que a exposición está presentada como unha proposta patrimonial, de tal xeito que a súa visita convide a visitar o legado relacionado co monarca en forma de documentos, pezas, esculturas, moeda, xoias e outros formatos que están espallados pola xeografía galega. De feito, de maneira complementaria á exposición, deseñáronse dous roteiros que percorren a provincia de Lugo. Estes itinerarios poden consultarse no web da exposición, un espazo que contén tamén textos recitados, música, informacións, as entrevistas da exposición e un audiovisual de 15 minutos de duración.

O vindeiro 2 de decembro está programado un concerto a cargo de Arts Combinatoria que leva por título “Cantigas de Santa María. Milagres da Virxe na corte de Afonso X o Sabio”. Terá lugar na centrAD e este grupo de música antiga ofrecerá un concerto que ten no seu programa unha selección de das cantigas sa, a obra lírica máis importante da música monódica medieval.

Ademais, outra das propostas programadas ao fío da exposición é unha serie de visitas guiadas á colección de instrumentos Musicais e Obxectos Sonoros. Son visitas de dous tipos, unha pensadas para estudantes e público en xeral e outra para profesionais, que se realizarán baixo demanda e con cita previa.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...