InicioDeportesTino Saqués afirma que 9 xogadores do Club Deportivo Lugo baixaron o...

Tino Saqués afirma que 9 xogadores do Club Deportivo Lugo baixaron o seu salario para cumprir co límite salarial

O presidente albivermello subliñou que o vestiario do equipo é "unha familia deportiva"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tino Saqués, presidente do Club Deportivo Lugo, declarou que 9 xogadores do Club Deportivo Lugo reduciron as súas respectivas nóminas para cumprir co límite salarial. Saqués opinou que foron “todos aos que se lles plantexou” e “axudaron”. Subliñou que amosaron “ser unha familia deportiva”, confirmaron o seu “gran compañerismo e gran solidariedade”, “unha gran implicación e un gran compromiso por este club”. Emilio Viqueira, director deportivo do club, afirmou que no club están “sorprendidos e moi ledos”. Recoñeceu que foi “un pouco así” ao ser cuestionado si falou con xogadores que rematan contrato o vindeiro 30 de xuño de 2019. Saqués explicou que a reducción do límite salarial é de 1,2 millóns de euros.

Saqués, sobre a decisión de Vasyl Kravets de non aceptar unha oferta do Real Valladolid, equipo de Primeira, para as vindeiras cinco tempadas: “Dixo claramente que el estaba ledo en Lugo, que era feliz en Lugo, que o Lugo era a súa familia deportiva e non tiña présa de ir a Primeira División”. “Impresionoume”, recoñeceu o máximo mandatario.

O presidente albivermello contestou que a situación de Ramón Azeez “non” saben “como se vai resolver” e “buscóuselle unha saída”, que ten un “salario importante”, unha “saída forzada por tema económico, non pola conducta nin por deportivamente como é”. Engadiu que “o entorno de Ramón non axuda en nada”. “Creo que a nivel persoal, é un gran rapaz e cando sae ao campo dáo todo”, comentou. Lembrou que “chegou 15 días tarde por diferentes circunstancias que aínda non están claras”.

Por outra banda, respondeu que teñen “3600 abonados, 100 arriba, 100 abaixo”.

Emilio Viqueira explicou que os xogadores do filial, que milita en Terceira e perdeu os dous primeiros partidos, son “moi bos mozos, xente con fame, con gañas de chegar ao primeiro equipo”. Recoñeceu que, por reformas no campo de A Cheda, “catro partidos fóra da casa non é ideal por tema de campo” e os xogadores deben “coller aire á categoría”. Explicou que están “moi tranquilos nese senso”. Saqués e Viqueira adiantaron que A Cheda estará dispoñible para o primeiro partido como local na quinta xornada.

 

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

Lanzamento de moedas e berros de “traidora” nun pleno bronco que certifica a nova maioría en Lugo

Varios centenares de persoas, convocados pola plataforma 'Transfuguismo non, Democracia si', concentráronse este xoves...

O PPdeG insta a BNG e PSOE a frear a súa “escalada de odio” en Lugo: “A xente apoia a moción de impulso”

O Partido Popular instou este xoves ao BNG e ao PSOE a frear a...

A CIG traslada a súa manifestación do 1 de maio a Lugo para denunciar a “deriva autoritaria e golpista do PP”

Os sindicatos lanzarán un berro pola paz e contra a guerra este 1 de...

Detido en Lugo un home por tentar agredir con dous coitelos á parella da súa exmoza

A Policía Local de Lugo detivo a un home por tentar agredir con dous...