InicioLugo e contornaLugoLugo contará cunha nova zona verde na Garaballa para conciliar usos lúdicos,...

Lugo contará cunha nova zona verde na Garaballa para conciliar usos lúdicos, agrícolas e ecolóxicos

A alcaldesa Lara Méndez explicou que terán un especial protagonismo uns hortos ecolóxicos comunitarios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo contará próximamente con máis de 12.610 m² de novas zonas verdes que, repartidos en tres parcelas ofrecerán un innovador espazo axardinado nas inmediacións do Barrio Multiecolóxico que se proxecta na Garaballa ao abeiro do programa Life Lugo + Biodinámico. Así o destacou hoxe a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que presentou hoxe os detalles do proxecto co que “xa se identifica a estratexia impulsada pola rexedora dende o inicio do seu mandato para transformar a cidade”.

Unha planificación que, segundo incidiu a alcaldesa, ten como obxectivo lograr unha adaptación efectiva ao cambio climático entendendo este non como unha ameaza, senón como un desafío. “A oportunidade que se nos brinda para mellorar a calidade das contornas urbanas é o eixo transversal das políticas e da acción deste Goberno non só a nivel medio ambiental senón tamén para a nosa recuperación económica”, afirmou Méndez.

A alcaldesa lucense explicou que a actuación, que sairá a licitación este próximo mércores trala súa aprobación en Xunta de Goberno, inclúe a creación de 1’2 hectáreas de terreo destinadas a zonas verdes dentro das que terán un especial protagonismo uns “novidosos hortos ecolóxicos comunitarios artellados en prol dun obxectivo fundamental: propiciar a dinamización social e aproveitar a súa capacidade terapéutica e didáctica”.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...