InicioLugo e contornaLugoUnha nai acepta seis meses de prisión por falsear un informe médico...

Unha nai acepta seis meses de prisión por falsear un informe médico e evitar así as visitas do pai ao seu fillo

A muller recoñeceu os feitos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller de Lugo aceptou seis meses de prisión por falsear un informe médico para evitar as visitas do pai do fillo de ambos, nunha conformidade na Sección Segunda da Audiencia Provincial.

Segundo o escrito da Fiscalía, que pedía en principio un ano e medio de prisión, a procesada presentara ante o xuíz un informe médico falso sobre o menor para enganar ao maxistrado e á súa exparella.

Así a acusación pública acreditou que durante o mes de setembro de 2018, o Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Lugo requiría á acusada que deixase ao pai ver ao seu fillo, segundo os termos previamente acordados “sen dilación” e sen pór impedimentos.

O réxime de visitas acordouse en xuño dese mesmo ano 2018, e, con todo, a muller non os cumpría. Tras o requirimento do xulgado, a nai tratou de buscar outras opcións para impedir que o menor volvese ver ao seu pai e presentou, segundo a Fiscalía, un escrito de oposición á medida.

Para evitar as visitas, achegou un informe de alta relativo ao menor no cal se sinalaba que o neno debía “evitar o contacto con adultos ata a resolución do cadro” da súa enfermidade, así como non poder saír do domicilio.

A acusación pública mantiña que ese documento, supostamente emitido polo servizo de Urxencias do HULA, é falso, e que a muller o presentou co fin de enganar ao xuíz e así poder evitar que o pai estivese co pequeno cando lle correspondía.

A avogada Cristina García puntualizou que se chegou “a unha conformidade, alcanzouse un acordo coa investigada neste asunto e vaise a resolver cunha pena mínima que non se chegará a cumprir porque é unha persoa que non ten antecedentes“. A letrada lucense explicou que son “seis meses” de prisión, ao “recoñecer” a muller “os feitos”.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...