Home Lugo e contorna Lugo Investigado un veciño de Vilalba polo roubo de pedras de cantaría valoradas en 8.500 euros

Investigado un veciño de Vilalba polo roubo de pedras de cantaría valoradas en 8.500 euros

0
Investigado un veciño de Vilalba polo roubo de pedras de cantaría valoradas en 8.500 euros
Axentes da Garda Civil | Ministerio do Interior

A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño de Vilalba de 73 anos como suposto autor do furto de pedras de cantaría valoradas en 8.500 euros, segundo informa a Benemérita.

Sobre o presunto autor dos feitos, asegura que foi posto xa a disposición xudicial. Mentres, outras tres persoas foron detidas como supostos autores dun roubo con forza nunha empresa situada no termo municipal de Outeiro de Rei.

Os feitos teñen lugar o pasado mes de agosto cando se produciu un roubo de material por valor de 14.000 euros. Os detidos son tres veciños de Lugo, de 21, 42 e 41 anos.

Por outra banda, a Garda Civil imputou, en calidade de investigado, a un veciño da localidade lucense de Foz, de 59 anos, como suposto autor dun delito de apropiación indebida dun vehículo a motor. Supostamente apropiouse dun turismo sen a autorización da súa lexítima propietaria.

+ posts