InicioA UlloaSeguen baixando os contaxios por Covid en Lugo

Seguen baixando os contaxios por Covid en Lugo

O número de ingresados seguen sendo os mesmos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia experimenta un novo incremento de contaxios de Covid-19 ata os 33 –dez máis– e de casos activos, que se sitúan en 438 –seis máis–; mentres que os pacientes hospitalizados descenden a 31 –tres menos– e a taxa de positividade cae a un 0,48 por cento.

Segundo os datos actualizados este mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, as persoas hospitalizadas pola Covid en UCI baixan a oito –unha menos— e descenden a 23 as ingresadas noutras unidades –dúas menos–, mentres que 407 atópanse en seguimento no seu domicilio. Por áreas sanitarias, segue sen cambios na área de Lugo onde hai tres en críticos e un noutra unidade.

BAIXAN OS CASOS

Por segunda xornada consecutiva esta semana os casos activos soben lixeiramente ata os 438 no conxunto de Galicia, seis máis, ao haber de novo máis contaxios (33) que altas (27), pero desdecenden na área de Lugo (-5), que queda con 40 casos en toda a provincia.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...