InicioPolíticaO PP de Lugo critica que o novo auditorio segue pechado "por...

O PP de Lugo critica que o novo auditorio segue pechado “por capricho político”

"A falta de ventilación, de limpeza e de uso dos aparellos que hai no seu interior poden provocar a deterioración desta infraestrutura", denunciou o viceportavoz dos populares.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O auditorio de Lugo segue pechado un ano e tres meses despois da súa entrega ao Concello
O PP afirma que o edificio se está deteriorando por falta de mantemento

O grupo municipal do Partido Popular solicitou por escrito que se lle permita aos seus concelleiros acceder ao interior do novo auditorio da cidade de Lugo, cando se cumpren un ano e tres meses da entrega deste edificio, que aínda permanece pechado, ao Concello da cidade, despois dun investimento superior aos 23 millóns de euros.

O viceportavoz do Partido Popular, Antonio Ameijide, preguntábase “que ten ocultar a alcaldesa”, Lara Méndez, para “prohibirlles” aos concelleiros do seu grupo “entrar no Auditorio”, “unha infraestrutura cultural que segue sen uso por capricho político”.

Por iso, e ante a sospeita de que o edificio “podería sufrir novos danos por telo pechado”, o Partido Popular solicitou “por escrito” o acceso a el.

“FALTA DE MANTEMENTO”

“A falta de ventilación, de limpeza e de uso dos aparellos que hai no seu interior poden provocar a deterioración desta infraestrutura”, engadiu, porque “nin PSOE nin BNG se responsabilizaron de facer un control periódico das dotacións para evitar danos e avarías, tanto no inmoble como no seu equipamento”. Ameijide lembrou que “Lara Méndez comprometeuse a que á volta do verán habería novidades”, pero a día de hoxe todo segue “no mesmo punto”.

Desde o seu punto de vista, “non teñen interese en abrir esta dotación porque non saben como xestionala”, polo que lles tendeu aos socios de goberno a “man” do PP para “desatascar o futuro desta dotación e para alcanzar un consenso sobre a xestión desta dotación e o contido que se lle dará”.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...