InicioLugo e contornaPortomarínO BNG colga a estreleira no encoro de Belesar para pedir a...

O BNG colga a estreleira no encoro de Belesar para pedir a fin do “espolio enerxético”

Volven pedir unha tarifa eléctrica galega.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG desenvolveu unha acción simbólica no encoro de Belesar, en Portomarín, para defender a aplicación dunha tarifa eléctrica galega e pedir o fin do “espolio enerxético que sofre Galicia”. Na acción participaron diferentes cargos políticos e militantes da organización das comarcas de Lugo e Lugo sur; entre eles a deputada pola comarca e viceportavoz do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil.

Rodil anunciou que o BNG solicitará a creación dunha comisión de investigación na Cámara autonómica sobre o “baleirado kamikaze” dos encoros galegos. “Á actividade das eléctricas sobre as nosas presas hai que porlle luz e taquígrafos para depurar responsabilidades, tanto empresariais como políticas”, asegurou a deputada nacionalista.

A viceportavoz do BNG sinalou ademais que os nacionalistas sacarán adiante unha proposta para “cambiar o marco eléctrico do Estado e fixar unha tarifa eléctrica galega”, posto que Galicia, “como gran produtora de enerxía, ten dereito a decidir sobre o funcionamento dos seus recursos naturais e integralos a favor dos intereses dos galegos”.

Ao fío disto, Rodil remarcou os diferentes impactos que a produción eléctrica deixa na Comunidade, como “danos ambientais e custos sociais, económicos e ecolóxicos”. “O mínimo é que se poida compensar aos galegos e pór eses recursos en favor do desenvolvemento do noso país”, incidiu a deputada nacionalista.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...