InicioDeportesO Club Deportivo Lugo empata en Granada (1-1)

O Club Deportivo Lugo empata en Granada (1-1)

Un gol de pundonor de José Carlos Lazo no minuto 74 iguala o gol inicial de Antonio Puertas para o Granada C.F. e os lucenses suman o primeiro punto en Liga

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo sumou o primeiro punto en Liga ao empatar na súa visita ao Granada C.F. (1-1) grazas a un gol do extremo José Carlos Lazo, canteirán do Real Madrid, no minuto 74.

O Granada Club de Fútbol foi claramente superior ao inicio. Ao cuarto de hora, o equipo adestrado polo vigués Diego Martínez púidose adiantar con cabezazo do dianteiro Rodri despois dun centro de Álex Martínez. No minuto 19, paradón de Juan Carlos Martín tras un cabezazo de Ángel Montoro despois dun centro de “Quini”. No minuto 24, nova ocasión de Rodri, que cun zurdazo colocado provocou un novo paradón de Juan Carlos. Dous minutos despois, o 1-0. Cristian Herrera perde un balón en campo propio que recupera Antonio Puertas, Fede Vico asiste cara atrás e Puertas marca a bocaxarro. A partir de aí, mellorou o Lugo. Antonio Campillo, novidade no once, realizou no minuto 34 un pase marabilloso a Cristian Herrera, que rematou ao primeiro toque e parou o porteiro local Rui Silva.

Na segunda parte, entran Dani Escriche e José Carlos Lazo no minuto 65. Confírmase a melloría do Lugo. No minuto 74, un centro de Vasyl Kravets, sempre vertical, non é despexado pola defensa nazarí, Jona Mejía non remate no primeiro pau e Lazo, chegando dende atrás con convicción, remata a gol á altura do segundo poste. Dende aí, o Granada buscou a vitoria sen atopar apenas profundidade.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...