InicioMovementos sociaisLugo solicitará oficialmente un Xulgado de Violencia de Xénero

Lugo solicitará oficialmente un Xulgado de Violencia de Xénero

Dende o BNG, impulsores da medida, defenden que o cambio de goberno e de responsables de Xustiza supón a oportunidade de solventar unha débeda histórica coas lucenses

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Foro de Igualdade do concello de Lugo acordou elevar a petición, aos estamentos implicados, para lograr que Lugo conte cun Xulgado Específico de Violencia de Xénero. A proposta foi presentada pola representante do BNG, Maite Ferreiro, que agradeceu “o posicionamento unánime deste órgano municipal por que fará que Lugo avance en matería de igualdade e contra o machismo” e sinalou “o cambio de Goberno no Estado é momento propicio para demandar, aos novos responsables da xustiza, que se cubra esta débeda con Lugo”.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, informou este xoves de que o Foro de Participación Cidadá en materia de Igualdade, que se reuniu esta mañá no Salón de Plenos da Casa Consistorial, continúa afondando no seu compromiso por un Lugo libre de violencia e agresións e pola igualdade e diversidade. Neste eido, na xuntanza deuse conta da campaña que se porá en marcha, en colaboración con establecementos, para crear espazos seguros contra as agrexións sexistas na cidade, e que arrincará a vindeira semana.

En 2017, segundo os datos publicados recentemente polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) na provincia de Lugo cometéronse 696 delitos de violencia machista, case dous ao día, incrementándose a respecto 671 cometidos no ano 2016. No conxunto do estado contabilizouse a cifra total de 163.132 delitos de violencia machista. Desde o BNG queremos este recurso para atender de maneira acaída as mulleres da provincia pero tamén queremos que a campaña que hoxe lanzamos sirva para concienciar o conxunto da sociedade.

Reunión do Foro de Igualdade | Concello de Lugo

Na xuntanza do Foro, na que se lle entregou a cada asistente o libro guía guía protagonizada polos Bolechas nunha visita a Lugo, a edil felicitou ao novo goberno central, que será o primeiro da historia con máis mulleres que homes no Consello Ministerial. Así mesmo deu a coñecer que o Foro enviará ao Ministerio de Xustiza e á Xunta de Galicia unha petición para a implantación dun xulgado específico de violencia de xénero en Lugo. Na reunión tamén se falou sobre o tratamento informativo de casos de violencia de xénero, acordando enviar aos medios de comunicación e ao Colexio de Xornalistas un recordatorio dos bos hábitos de tratamento de noticias nesta materia.

O Foro deu a benvida á asociación Querendo, de mulleres con endometriose, unha doenza que afecta a 1 de cada 10 mulleres. Nesta liña, o Foro enviará ao SERGAS un escirto para mellorar a tención, a divulgación e a investigación para mellorar o tratamento deste síndrome. No que se refire a coelctivos, tamén se deu a coñecer que o colectivo de ACADAR ten na súa web, www.acadar.com, un corrector de linguaxe, Ventá Inclusiva; e as actividades que organizará o colectivo LGTBIQAA+, xunto ao Concello e Deputación, ao abeiro do 28 de xuño, Día do Orgullo LTGBIQ.

Ana Abelleira deu a coñecer que o Foro de Igualdade tamén acordou reprobar as manifestacións machistas do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a actitude do Presidente da Cámara Galega, Miguel Santalices, contra a voceira parlamentaria do BNG, Ana Pontón. Así mesmo, este foro amosará a solidariedade con Pontón, ante tal ataque machista.

ÚLTIMAS

O SLG alerta das xubilacións masivas en granxas e pide axudas para novas incorporacións e plans de mellora

Responsables do Sindicato Labrego Galego concentráronse este mércores en Lugo, diante do edificio da...

Traballadoras de residencias privadas mobilízanse en Lugo en demanda dun convenio digno

O persoal das residencias privadas de Galicia continúa coas súas mobilizacións en demanda dun...

O Concello de Lugo concede máis de 250 licenzas de obra en 2024 por máis de 100 millóns de euros

O Concello de Lugo tramitou en 2024 un total de 256 licenzas de obra,...

Investigan un veciño de Cervantes por vender sen autorización madeira dun monte comunal

Un veciño do municipio lugués de Cervantes figura como investigado pola Garda Civil por...