InicioSociedadeBaixan os casos activos na provincia pero aumentan os ingresos por Covid...

Baixan os casos activos na provincia pero aumentan os ingresos por Covid na UCI

O venres rexistráronse case cen altas de persoas contaxiadas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os datos de evolución da covid publicados este sábado pola Consellería de Sanidade reflicten que algúns indicadores repuntan, aínda que en termos xerais sinalan cara á estabilización. As infeccións activas baixan da barreira dos 7.000, tras negativizarse 545 casos, e a taxa de positividade das PCR (o número de positivos por cada 100 probas realizadas) excede lixeiramente o límite do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.

Ademais, os contaxios volven superar lixeiramente os 300 casos, pero a presión hospitalaria estabilízase e rexistra unicamente un novo paciente en UCI, co que son 154 os hospitalizados en planta e 48 en críticos nos hospitais galegos. Así, segundo eses datos (que reflicten información solicitada ata as 18,00 horas do venres), nas últimas 24 horas rexistráronse 63 contaxios na área de Lugo, que queda con 1.315 casos (93 menos).

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á presión hospitalaria, nas últimas horas contabilizáronse 48 pacientes en UCI (un máis nas últimas 24 horas) e 154 hospitalizados en unidades convencionais (sen cambios).

Por áreas, a carga asistencial se estanca en parte das zonas sanitarias pero as de Lugo e Vigo rexistran un leve incremento na súa carga asistencial. Así, a lucense conta con tres pacientes en UCI (un máis) e mantén a 30 hospitalizados en planta.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...