InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo abonou en 2020 preto de 9.000 facturas a...

O Concello de Lugo abonou en 2020 preto de 9.000 facturas a empresas e autonómos por importe de 53’7 millóns de euros

A área de Tesourería di que abonou no pasado exercicio económico o 96’67% das obrigas contraídas pola Institución, segundo reflicte a Conta Xeral.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo abonou en 2020 a cantidade de 86.652.815 euros, relativa as obrigas que o consistorio contraeu ese ano. Un concepto que aglutina o pago aos provedores pero, tamén, ás persoas beneficiarias das diferentes axudas e subvencións municipais que se convocaron, entre outras moitas partidas.

Así, a área de Tesourería tramitou e liquidou durante o anterior exercicio o 96’67% dos gastos asumidos pola Administración local, tal e como reflicte a Conta Xeral dentro dos indicadores que avalan a suficiencia económica da Institución. “Nesa porcentaxe inclúense, por tanto, un total de 8.982 facturas de empresas e autónomos que nos subministran obras e servizos, por un importe conxunto de 53.786.612 euros”, puntualizou a concelleira de Gobernanza, Paula Alvarellos.

A tenente de alcaldesa quixo destacar, igualmente, a redución durante o pasado ano do Período Medio de Pago aos provedores (PMP), que diminuiu case no 23% (22’88%) pasando dos 10’4 días rexistrados en 2019 aos 8’02 no 2020, por debaixo dun terzo do prazo legal establecido (30 días).

Este balance contable constata non só que fixemos un maior esforzo económico a pesar da diminución de ingresos que supuxo a pandemia para as arcas locais, incrementando até os 909’88 € o investimento realizado por habitante, senón tamén que, grazas á implantación dos protocolos de traballo interno que estamos a aplicar, fomos quen de axilizar os procedementossalientou Paula Alvarellos.

Dende o executivo queremos amosar a nosa satisfacción porque os pasos que levamos dados até o momento, en prol da eficacia administrativa – e para que esta reverta nunha maior celeridade burocrática e nunha mellor atención cidadá – estean a dar resultados”, concluíu Paula Alvarellos.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o vacío de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Declaración nos xulgados de Lugo dos oito detidos nas protestas en La Vuelta contra Israel

O oito lucenses detidos no Corgo polas protestas durante a celebración da Vuelta compareceron...