InicioLugo e contornaLugoMáis de seis horas de música para poder desfrutar do jazz galego

Máis de seis horas de música para poder desfrutar do jazz galego

Máis de 100 artistas galegos percorreran o inicio deste xénero nunha festa que se celebrará o vindeiro domingo na Praza de Santa María en Lugo. Tamén poderá seguirse vía streaming.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha enorme festa do jazz, coa participación de máis de 100 artistas galegos, música e bailaríns, homenaxeando os comezos do xénero, desde os anos 10 ata os 50, durante máis de seis hora de directo. Así conciben desde Escobi a II Festa do Jazz Galego que terá lugar este vindeiro domingo na Praza de Santa María de Lugo. 

O proxecto contará tamén coa emisión en streaming a través das redes sociais “para permitir que todo o mundo poida vivir un espectáculo que percorrerá a historia do jazz na primeria metade do pasado século”, explica a organización nun comunicado.

Desde as 13 horas ata ás 19 máis de 100 artistas -114 músicos e 10 bailaríns- irán subindo ao escenario. A organización indica que se respetarán todas as medidas de seguridade e consideran “imprescindible” seguir apostando polo dixital. Esperan chegar ao éxito da edición do 2020, na que o evento contou con preto de 2.000 espectadores en directo e máis de 30.000 visualizacións online.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...