InicioSucesosPiden esclarecer a morte dun traballador de 27 anos en Castro de...

Piden esclarecer a morte dun traballador de 27 anos en Castro de Rei

Alertan que "existe a posibilidade" que o mozo falecese "por explotación laboral", xa que sosteñen que os traballadores desta empresa en Galicia "denuncian xornadas de ata 12 horas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha concetración convocada por Sindicato Labrego Galego (SLG), Comisións Obreiras (CC.OO.), Federación Rural Galega (Fruga) e Ecoloxistas en Acción demandou respostas sobre a morte dun traballador de 27 anos nunha planta de Castro de Rei que os colectivos vinculan ás condicións laborais da empresa Surexport.

Sindicatos e plantaformas censuran nun comunicado que días despois deste suceso, rexistrado o pasado venres 20 de agosto, “nin desde a empresa nin desde a Consellería de Emprego e Igualdade, Inspección ou o Ministerio de Traballo estea a proporcionarse información que esclareza o ocorrido”.

Así, alertan que “existe a posibilidade” que o mozo falecese “por explotación laboral”, xa que sosteñen que os traballadores desta empresa en Galicia “denuncian xornadas de ata 12 horas”, “irregularidades” no cobro das nóminas ou o “incumprimento” das condicións hixiénico-sanitarias nas explotacións.

Ademais, sosteñen que a compañía na que se produciu o suceso, Surexport, “foi sinalada recentemente” nunha investigación trasladada ao Ministerio de Traballo “na que se reportaron deficiencias nas investigacións aplicadas pola Inspección de Traballo e Seguridade Social de Huelva”.

Así as cousas, os colectivos reclaman ás administracións que adopten medidas ante a “situación de escravitude” que, din, existe nas instalacións desta compañía dedicada á agricultura industrial cuxas “nefastas prácticas”, segundo engaden, provocou que fosen “expulsados” das liñas dalgunhas cadeas de supermercados.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...