InicioLugo e contornaLugoA maior residencia de Lugo ten a máis dun terzo dos maiores...

A maior residencia de Lugo ten a máis dun terzo dos maiores contaxiados con covid

Son xa 72 o número de usuarios coa enfermidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A detección doutros 22 casos positivos de Covid na residencia As Gándaras de Lugo elevou a 72 o número de usuarios contaxiados neste centro, segundo a información trasladada este martes pola Consellería de Política Social, e o número total de casos de Covid en residencias de maiores de Galicia elevouse ata 118.

Así, o departamento autonómico confirmou hai unha semana o brote na residencia lucense (a maior da provincia), inicialmente con 49 casos confirmados de Covid entre os usuarios. O número de contaxios creceu poucas horas despois cun novo caso e este mércores notificáronse outros 22 positivos.

Política Social tamén informou da retirada dun usuario da residencia DomusVi Vigo do cómputo global de casos, tras recibir o alta epidemiolóxica. Deste xeito, o número total de casos de Covid entre os maiores das residencias galegas subiu de 97 a 118.

Ademais dos 72 casos da residencia As Gándaras, hai 28 positivos na residencia García Irmáns de Betanzos, 5 na residencia Val de Monterrei e outros 5 na residencia Santa Marta de Vigo, 3 casos na residencia de maiores de Ribadeo e outros tantos na residencia Soremay de Pontevedra, un caso en Santo Estevo de Perlío en Fene e outro na residencia DomusVi Matogrande da Coruña.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...