InicioEconomíaA CIG acusa a situación do persoal de enfermaría como "precaria" na...

A CIG acusa a situación do persoal de enfermaría como “precaria” na área de Lugo

A dirección rexeita a acusación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

CIG Saúde denunciou unha “precaria situación” por parte do persoal de enfermaría do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) e o de Atención Primaria desta área. A xerencia, con todo, rexéitao e alega que as vacacións deste persoal, como o do resto, “deben axustarse á dispoñibilidade de efectivos que hai en cada momento, así como á carga de traballo existente”.

A CIG, con todo, sostén que “a falta de previsión da xerencia” dá lugar a que estes profesionais estean “saturados e facendo horas de máis”.

“Nalgúns casos ata 11 días a maiores da súa xornada completa que xa teñen asignada e isto sen compensacións”, apostila. Tamén engade que o persoal non está a poder gozar de libranzas nin dos días de asuntos propios e que se lles responde que “non hai substitutos”.

Desde a xerencia da área sanitaria de Lugo, sosteñen que existe unha “rigorosa planificación”. “O que posibilitou que a práctica totalidade da persoal da área sanitaria de Lugo poida ter as súas vacacións nas datas programadas e, ao tempo, facer iso compatible co mantemento da asistencia sanitaria prevista”.

Tamén sostén que “todo o persoal goza das libranzas previstas no seu réxime xurídico e percibe, rigorosamente, as retribucións que as distintas normas orzamentarias establecen para cada caso”.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...