InicioA UlloaLugo segue en nivel alto, do que saen Ourense e Santiago

Lugo segue en nivel alto, do que saen Ourense e Santiago

Burela, Foz, Viveiro, Chantada, Ribadeo, Xove e Outeiro de Rei.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As cidades de Santiago de Compostela e Ourense sairán do nivel alto de restricións, segundo informou en rolda de prensa o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, tras a reunión do comité clínico que asesora á Xunta na pandemia de Covid. Pola súa contra, a de Lugo seguirá con restricións altas.

A evolución epidemiolóxica nestas cidades permite relaxar as restricións e pasarán do nivel alto ao nivel medio. Mentres, o resto de grandes urbes (A Coruña, Vigo, Pontevedra, Lugo e Ferrol) manterán o nivel alto de limitacións, xunto a outros 50 municipios.

Con respecto aos concellos co nivel máximo de restricións, reduciranse a un só municipio, O Grove, tras mellorar a súa situación as outras 8 localidades que permanecen neste nivel: Burela, Foz, Viveiro, Sanxenxo, Muros, Monterroso, Meaño e Baiona. Todos eles pasarán a nivel alto, excepto Monterroso, que descende directamente a nivel medio.

RESTRICIÓNS ALTAS E MEDIAS

De feito, tanto Burela, Foz como Viveiro teñen agora restricións altas xunto con Chantada, Ribadeo, Xove e Outeiro de Rei.

Pola súa banda, Palas, Cospeito, Guitiriz, Monterroso, Cervo, Monforte, Mondoñedo, Sarria e Vilalba teñen nivel medio de restricións.

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...

A Deputación destina 750.000 euros a formación dixital para zonas en risco de despoboamento

A Deputación Provincial de Lugo anunciou a posta en marcha do proxecto 'E para...