InicioLugo e contornaLugoCapturada unha serpe dun metro na Praza de Conde Fontao

Capturada unha serpe dun metro na Praza de Conde Fontao

A serpe foi posteriormente liberada "no seu hábitat natural".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo capturaron unha serpe dun metro de lonxitude achada nunha praza da capital luguesa na tarde deste pasado martes.

Segundo informou a Policía Local, ás 14,45 horas do día 3 de agosto, unha patrulla de Policía de Barrio procedeu á captura dunha serpe de aproximadamente un metro de lonxitude na Praza de Conde Fontao.

Tras o seu traslado ao Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe, seguindo instrucións do persoal do citado centro, indican as mesmas fontes municipais, o animal foi liberado nas inmediacións do mesmo, “no seu hábitat natural”, conclúe a Policía Local.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...