InicioDeportesSergio Gil califica Lugo como a súa "segunda casa"

Sergio Gil califica Lugo como a súa “segunda casa”

O mediocentro do Club Deportivo Lugo subliña que o Granada C.F., vindeiro rival, "é un equipo sólido, reforzouse moi ben, chamado a estar arriba e a súa afección apreta moito"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Sergio Gil, mediocentro do Club Deportivo Lugo, valorou a derrota na primeira xornada na casa contra o Málaga C.F. (1-2): “Dominamos en bastantes treitos do partido, competiuse ben, o equipo nunca baixa os brazos, faltounos un pouco de fortuna nalgunhas accións que tivemos, un sabor amargo“. Explicou que traballaran “durante a semana moi ben” e sabían “como ían vir eles”. Comentou que o segundo gol do Málaga “é difícil de defender” pola “superioridade física” do equipo adestrado por Juan Ramón López Muñiz. Gil loubou a presión defensiva dos dianteiros e dos extremos do Club Deportivo Lugo ao definila como “moi positiva”.

Analizou ao Granada C.F., vindeiro rival este domingo a partir das 20:30 horas no estadio Nuevo Los Cármenes: “Individualmente coñecemos a moitos xogadores, un equipo sólido, reforzouse ben, un equipo chamado a estar arriba, no seu campo a afección apreta moito“. Respondeu que a Fede Vico, ex xogador do Lugo as dúas pasadas tempadas e agora no Granada, “algunha broma lle caerá” e subliñou que lévanse “ben”con el.

Afirmou que o Club Deportivo Lugo, a nivel xeral, está a realizar “un bo traballo, a dinámica é boa e o grupo, cos novos que viñeron, é moi bo“. Considera que “é cuestión de traballar, de traballar e as cousas sairán soas”.

A nivel personal, respondeu que se atopa ” físicamente ben”. Sergio Gil remata contrato ao final desta tempada: “Dende o primeiro día, atopeime moi a gusto, puxéronme tódalas facilidades. Sempre dixen que é a miña segunda casa“.

 

 

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño

A Deputación de Lugo abrirá o vindeiro luns o prazo para inscribirse nas novas actividades ambientais...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...