InicioTerra CháMurasO alcalde de Muras reprocha á Xunta que non defenda o "rural"...

O alcalde de Muras reprocha á Xunta que non defenda o “rural” e lance “eslóganes que só son palabras”

Denuncia que xa non teñen oficina bancaria e que tampouco teñen médicos que substitúan aos que están de vacacións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Muras, o nacionalista Manuel Requeixo, arremeteu contra a Xunta de Galicia por non defender o “rural” e escudarse en “eslóganes que só son palabras”. Neste concello hai unha semana pechou a única oficina bancaria de Abanca, ao que se suma que non contan con médico substituto para as vacacións do titular do centro de saúde.

Do Punto de Atención Continuada (PAC), Requeixo lamentou que no Sergas dinlles ” que non hai profesionais que veñan facer as vacacións do médico” que teñen no centro de saúde.

“Ao final o que vemos é que se están retirando servizos dun concello rural como é Muras, todos eses eslóganes de que hai que volver ao rural só son palabras”, afeou. “Se non temos servizos no rural, o rural desaparece e faino ao non disporse de servizos como estes, sen unha oficina bancaria (deixáronlles un caixeiro) e sen médico no verán”, abunda.

“Por moitas medidas que tomemos no concello para facer atractivo o municipio hai competencias que non están nas nosas mans”, queixouse o rexedor. En canto ao caso de Abanca aproveitou para lembrar que “á antiga Caixa Galicia houbo que rescatala con diñeiro público e está a obter beneficios de centos de millóns de euros ao ano e non é de recibo que pechen oficinas”.

“E, ademais, a entidade bancaria trasladounos a posibilidade de que falásemos coa Xunta para subvencionar a instalación da entidade bancaria e iso é surrealista. Péchannos unha entidade e logo, encima, temos que pagar para volver abrila”, Dixo. Do centro de saúde, engadiu que “levan anos solicitando melloras no devandito centro que ten moita demanda porque a poboación do concello está moi envellecida”.

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Detido un home por entrar ilegalmente na vivenda da súa irmá en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...