InicioLugo e contornaLugoUnha maxistrada reforzará, mínimo durante seis meses, os cinco xulgados de primeira...

Unha maxistrada reforzará, mínimo durante seis meses, os cinco xulgados de primeira instancia

Celebrará, como mínimo, 126 vistas ao trimestre para tratar de mellorar a pendencia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), a petición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), aprobou, polo menos durante seis meses, que unha maxistrada reforce os cinco xulgados de primeira instancia de Lugo.

Diso informou o alto tribunal galego nun comunicado, no que explica que esta medida, consistente na adscrición en réxime de comisión de servizo, con relevación de funcións, será levada a cabo pola maxistrada Cristina Sánchez Neira, titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Caldas de Reis.

A xuíza asumirá a celebración de vistas do ci e nco unidades desa xurisdición, alternando por semanas as fixadas en cada un dos órganos, farase cargo de polo menos dous días de señalamentos á semana de cada unha das unidades. Desta maneira, celebrará, como mínimo, cinco vistas por día -tres de procedementos ordinarios e dous de xuízos verbais, excluídas as materias de familia e capacidade-. Por tanto, deberá celebrar polo menos 126 vistas ao trimestre.

Os datos de pendencia, segundo o CGPJ, “evidencian a necesidade” de adoptar a medida de reforzo. Nos últimos cinco anos os xulgados de primeira instancia de Lugo tiveron unha media de entrada de asuntos que supera en practicamente o 130% o módulo fixado polo CGPJ, que é de 1.200 casos ao ano. A finais do primeiro trimestre de 2021, a carga de traballo do número 1 excedía un 150% o indicador; a do 2, un 235%; a do 3, un 140%; a do 4, un 159%; e, a do 5, un 156%. A 31 de marzo de 2021, estas unidades tiñan 4.011 asuntos en trámite.

Estes datos, segundo o Servizo de Inspección do CGPJ, pon de manifesto “unha elevada carga de traballo, cun tempo de resposta dos órganos que oscila entre o catro e o oito meses, sen ter en conta o Xulgado de Primeira Instancia número 2, con competencia tamén mercantil”.

A dedicación de cada órgano, conforme aos datos estatísticos correspondentes ao primeiro trimestre de 2021, foi superior ao 195% entodos os xulgados, o que demostra o esforzo das oficinas xudiciais que agora se reforzan.

A medida adoptada polo CGPJ enmárcase no plan aprobado polo Gobierno para facer fronte, dentro da Administración de Xustiza, á crise derivada da COVID-19.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...