InicioLugo e contornaA velocidade foi a causa da metade dos accidentes mortais da provincia...

A velocidade foi a causa da metade dos accidentes mortais da provincia no que vai de ano

A subdelegada do Goberno en Lugo alerta do "risco do exceso de velocidade" tras o aumento de accidentes mortais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, advertiu dos perigos que supón o “exceso de velocidade” ao conducir, xa que supón unha das “principais” causas dos accidentes de tráfico graves que se producen en Lugo.

Así o informa nun comunicado a Subdelegación do Goberno en Lugo, en relación a que Rodríguez fixo un chamamento aos condutores durante a presentación este martes na N-6, ao seu paso polo municipio de Guitiriz, dunha campaña de control e vixilancia da velocidade levada a cabo pola Dirección Xeral de Tráfico e na que colaboran voluntarios da Asociación de Persoas con Lesión Medular e Outras Discapacidades Físicas (Aspaym).

Deste xeito, o exceso de velocidade na estrada é a causa de tres do seis sinistros mortais -un 50%- na provincia no que vai de 2021, de acordo a cifras desta Subdelegación do Goberno. Con respecto ao 2019, a velocidade estivo detrás de tres dos 15 accidentes mortais , é dicir, un 20%. Neste sentido, afirma que unha velocidade inadecuada foi a “primeira” razón de accidentalidade mortal na provincia durante o ano 2020, presente no 36% dos sinistros.

Ademais, este exceso de velocidade tamén representa, indica a Subdelegación de Lugo, “unha das principais causas” de mortalidade en zonas urbanas, posto que a partir do 80 km/h é “practicamente imposible” que un peón poida sobrevivir a un atropelo.

CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN

A campaña na que participou Isabel Rodríguez este 13 de xullo ten como obxectivo axudar a concienciar aos condutores coa participación de persoas con lesión medular vítimas dun accidente de tráfico e pertencentes a Aspaym, entidade colaboradora. Así mesmo, a iniciativa desenvólvese desde hai 15 anos coa lema ‘Non corras, non bebas… non cambies de rodas’. Este ano, Lugo é a única provincia galega na que leva a cabo a campaña.

ÚLTIMAS

Un proxecto de larvas de mosca para usos agrarios e animais, novo proxecto industrial estratéxico en Palas de Rei

O Goberno galego analizou este luns o acordo polo que se declara proxecto industrial...

Buscan un menor migrante desaparecido do centro de acollida de O Malvarón en Monforte de Lemos

Desde este domingo, as forzas de seguridade buscan a un mozo migrante menor de...

Collen a varios vehículos a máis de 200km/h tras participar en carreiras ilegais na A-6 en Outeiro de Rei

A Garda Civil culminou un dispositivo especial de vixilancia imputando en calidade de investigados...

Lugo Monumental leva á UE a peonalización do centro: “Mala xestión, danos e máis de 100 comerciantes feridos”

O presidente de Lugo Monumental, Luís Latorre, expuxo, ante a Comisión de Peticións da...