InicioLugo e contornaLugoRoteiros para que os maiores de 65 anos "se movan" por Lugo

Roteiros para que os maiores de 65 anos “se movan” por Lugo

O concello repite o "Lugo móvese cos maiores" tras o éxito da primeira edición.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os maiores de Lugo poden gozar da cidade a través de roteiros guiados. É unha iniciativa do goberno de Lara Méndez, dende a área de Benestar, Inclusión e Terceira Idade, denominada ‘Lugo móvese cos maiores’ e que está incluída no programa municipal de animación sociocultural, onde se están a levar a cabo roteiros guiados, tanto pola zona rural como pola cidade.

A edil Olga López lembrou que “as rutas guiadas terán lugar todos os venres cada 15 días, no caso dos roteiros polo rural o punto de partida será a Praza Bretaña e na cidade as saídas estan contempladas desde a Praza Maior, sempre baixo as restriccións sanitarias en vigor en cada momento”.  O vindeiro roteiro polo rural será o venres 23 de xullo polo Camiño Primitivo (Lugo-San Román da Retorta) e xa en agosto están programados para o 6 de agosto e o 20, polo Camiño Primitivo (Castroverde-Lugo) e O Vello Lugo Agrario, respectivamente.

‘Lugo móvese cos maiores’ é unha iniciativa contemplada no programa municipal de animación sociocultural, que repite este verán “tras o éxito de participación nos meses de abril e maio”, que reuniu a máis de 800 persoas nas diferentes actividades que se puxeron en marcha pola cidade para a poboación maior de 65 anos.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...