InicioComarca de MeiraA Deputación espera que a residencia de maiores de Meira comece a...

A Deputación espera que a residencia de maiores de Meira comece a funcionar en xullo

A portavoz do goberno provincial e deputada de turismo, Pilar García Porto, evitou dar unha data en concreto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo estima que a residencia do municipio de Meira construída polo ente provincial podería entrar en funcionamento a partir deste mes de xullo.

O centro do concello chairego converterase no sétimo xeriátrico da rede da deputación provincial xunto aos xa operativos de Trabada, Pedrafita, A Fonsagrada, Pol, Castroverde e Ribadeo e os dous pendentes de construción, un na Pobra do Brollón e outro en Pantón.

A portavoz do goberno provincial e deputada de turismo, Pilar García Porto, sinalou, nunha rolda de prensa celebrada tras a xunta de goberno deste venres, “o compromiso da deputación segue adiante” co centro de Meira.

Con todo, evitou concretar que data se baralla para a súa entrada en funcionamento, algo que espera que se produza “nun prazo breve” que podería darse dentro do recentemente iniciado mes de xullo.

ACORDOS

Na xunta de goberno provincial deste venres foi aprobado un convenio entre a Deputación e os concellos para a implantación dunha nova taxa municipal ás empresas de electricidade e de gas “polo uso que fan dos bens de dominio público para transportar a enerxía, tanto enerxía eléctrica como gas”.

Trátase, segundo explicou García Porto, de incorporar a ese convenio dous concellos máis –Ourol e Lugo– co que son xa 55 os concellos adheridos a este convenio.

García Porto aclarou que desde o 1 de xaneiro, a empresa adxudicataria do contrato de asistencia técnica realiza un inventario de redes de electricidade e de gas nos municipios adheridos, uns traballos que “previsiblemente van concluír á volta do verán, no mes de setembro”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

O PP de Cervantes trasládalle á Xunta a “preocupación” pola atención médica na zona

Os concelleiros do PP de Cervantes reuníronse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,...

Lugo abre o canil de Frigsa aínda que con limitacións por motivos de seguridade

O Concello de Lugo informou de que a reapertura do canil de Frigsa, aínda...

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...