InicioLugo e contornaLugoDetido un home no centro de Lugo por tentar agredir a axentes...

Detido un home no centro de Lugo por tentar agredir a axentes da Policía Local

O detido, en estado de embriaguez, estaba a increpar ao persoal e consumidores dun bar da zona da Praza da Soidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home por tentar agredir aos efectivos que o ían a identificar por increpar a persoas nun local de hostalaría. Segundo informou a Policía Local, sobre as 21,25 horas do 25 de xuño unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio foi enviada a un establecemento de hostalaría da Praza da Soidade porque un home increpaba e molestaba a persoal do local e a un grupo de mozos que estaban no seu interior.

Os policías observaron que esta persoa se atopaba en “estado de embriaguez” e comezou a insultar aos policías que, ao ser requirido para que identificase, negouse “rotundamente”, destacaron as mesmas fontes, á vez que se puxo “agresivo” e tentou agredir aos axentes. Por iso, procederon á súa detención e traslado a un centro médico inicialmente, tras o que foi levado a dependencias policiais, onde se instruíron dilixencias para o xulgado de garda.

ÚLTIMAS

Unha pelexa nun after en Lugo mobiliza a varias unidades policiais

Dous mozos protagonizaron este xoves unha pelexa ante un local de after no centro...

A Garda Civil investiga unha lucense por defraudar 17.800 euros en axudas da PAC

A Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha veciña de Lugo, de...

José Tomé avisa tras deixar a Presidencia da Deputación: “Non pararei ata descubrir que hai detrás de todo”

José Tomé oficializou este martes a súa renuncia á presidencia da Deputación de Lugo...

O nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de Lugo ata o 14 de xaneiro

O Pazo de San Marcos acollerá este martes o último Pleno do ano, no...