InicioSucesosDenuncian a un veciño de Lugo por pór música alta e berrar...

Denuncian a un veciño de Lugo por pór música alta e berrar nas escaleiras dun edificio

Foi proposto para sanción de 601 a 30.000 euros á Subdelegación do Goberno, como órgano competente para a tramitación do expediente sancionador, indica a Policía Local.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local denunciou a un veciño de Lugo por subir a música a un volume elevado, así como berrar nas escaleiras dun edificio á mantenta tras ser advertido de ruídos molestos cando celebraba unha festa.

Segundo relatou a Policía Local, sobre as 3,55 horas do pasado 25 de xuño unha patrulla acudiu a un edificio na rúa Camiño Real porque veciños denunciaban “ruídos molestos” que procedían dunha vivenda.

Os axentes comprobaron que se escoitaba música en ton “moi elevado e actividade humana que imposibilita o descanso” dos veciños, polo que foi identificado o responsable, ao que se lle ordena que cesen as molestias inmediatamente.

O individuo manifestou que estaba cuns amigos “tomando unhas copas” e accedeu a finalizar a festa, destaca a Policía Local. Con todo, cando os axentes abandonaban o lugar comprobaron que o identificado volveu conectar o equipo de música e deu varias portadas, ademais de saír ás escaleiras do edificio “gritando e vociferando coa clara intención de molestar e prexudicar aínda máis aos veciños”, subliñan as mesmas fontes.

“DESOBEDIENCIA REITERADA”

Por iso, os axentes tramitaron acta denuncia por infracción grave á Lei orgánica de protección da seguridade cidadá pola “desobediencia reiterada” aos mandatos dos axentes da autoridade no exercicio das súas funcións, con “grave prexuízo” para os veciños.

Deste xeito, foi proposto para sanción de 601 a 30.000 euros á Subdelegación do Goberno, como órgano competente para a tramitación do expediente sancionador, indica a Policía Local.

Tamén se levou a cabo acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental polos ruídos e molestias ocasionadas aos veciños do inmoble.

+ posts

ÚLTIMAS

Violento altercado entre dous acusados por agresión sexual na Audiencia de Lugo

Dous mozos protagonizaron este martes na Audiencia Provincial de Lugo un altercado no xuízo...

A Xunta destina 27,3 millóns á construción de 152 vivendas de promoción pública en Lugo

O Goberno galego autorizou a licitación das obras de construción de 152 novas vivendas...

O PSOE de Portomarín denuncia uns orzamentos locais “pouco ambiciosos”

O Grupo Municipal Socialista de Portomarín votou en contra dos orzamentos presentados polo goberno...

Alertan de danos inminentes en bens arqueolóxicos de Parada, en Outeiro de Rei

Mariña Patrimonio vén de poñer en coñecemento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a...