InicioTerra CháGuitirizA poesía chega a Guitiriz co I Festival de Poesía Guitirica

A poesía chega a Guitiriz co I Festival de Poesía Guitirica

Celébrase esta fin de semana con diferentes actividades que van dende presentacións literarias ata a música e os recitais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Este fin de semana os guitiricenses teñen unha cita ca poesía. O sábado ás 12 horas  a rexedora dará saída á primeira edición do Festival de Poesía Guitirica co saúdo institucional. Ás 14 horas Alfonso Blanco Torrado, impulsor de Xermolos e da posta en valor de Díaz Castro, será o encargado de dar o pregón.

Durante estas dúas xornadas haberá presentacións literarias como a da revista NPG Gazeta, palestras sobre Carvalho Calero e Xela Arias ou libros como “Non estamos preparados para medrar” de Teresa Ríos. A música e a poesía tamén estarán presentes durante todo o festival e tamén haberá recitais poéticos en diferentes puntos das rúas da vila, para achegar a poesía a toda a cidadanía.

O domingo realizarase  ás 10:30 horas un roteiro de Díaz Castro ao que se pode anotar a través do correo electrónico biblioteca@concellodeguitiriz.com e ás 19:00 horas como peche do festival terá lugar a entrega de premios do certame poético “Vilariñas”.

Ao longo do festival participarán, tanto nos recitais poéticos como nas presentacións literarias, integrantes de diferentes agrupacións poéticas de todo o territorio galego.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...