InicioLugo e contornaLugoO roubo dun can apoiado na fiestra dun coche en marcha provoca...

O roubo dun can apoiado na fiestra dun coche en marcha provoca unha pelexa en Lugo

Un mozo, con múltiples antecedentes, foi detido por un suposto delito de lesións graves tras atacar ao condutor e roubar a súa parella.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un can de pequeno tamaño que ía apoiado no portelo do coche dos seus donos, cando estes circulaban pola Avenida da Coruña, foi subtraído do vehículo por uns mozos cando estaba parado nun semáforo, o que deu orixe a unha liorta que acabou cun mozo ferido e outro detido por lesións graves.

Segundo informou a Comisaría Provincial de Lugo, os feitos ocorreron a semana pasada. A propietaria do animal apeouse do vehículo para tratar de recuperalo, o que provocou unha pequena liorta, en principio sen consecuencias. Con todo, ao saír do turismo o condutor, supostamente para tranquilizar os ánimos, foi golpeado nun ollo polo agora detido cun obxecto que levaba na man.

Cando estaba agachado a causa da dor producida polo primeiro golpe, e sangrando pola cara, o agresor, que conta con numerosos antecedentes por diferentes delitos, propinoulle unha patada na perna que lle provocou unha fractura, o que fixo que caese ao chan, onde continuou golpeándoo.

No transcurso da pelexa, tamén lle roubaron a chaqueta á propietaria do animal, na que portaba diversos obxectos persoais. Ademais, tamén lle tiraron ao chan e rompéronlle o seu teléfono móbil.

Presentada a correspondente denuncia na Comisaría Provincial e comprobada a veracidade da agresión, axentes do Corpo Nacional de Policía identificaron ao suposto autor da mesma e procederon á súa detención. Despois de prestar declaración en sede policial, quedou en liberdade á espera de xuízo, mentres que as dilixencias de investigación foron remitidas á autoridade xudicial

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...