InicioLugo e contornaLugoAniman a adornar as vivendas con estandartes castrexas e romanas para "avivar...

Animan a adornar as vivendas con estandartes castrexas e romanas para “avivar a chama” do Arde Lvcvs

O Concello distribúe 1.000 unidades para que as e os veciños coloquen nas súas fiestras e balcóns.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Casa Consistorial entregou hoxe os cen primeiros estandartes decorativos da XX edición do Arde Lvcvs, deseñados para colgar nas fiestras e balcóns con motivos castrexos e romanos co fin de animar á cidadanía a “avivar a chama” desta festa de recreación histórica. A entrega será a partir das 12.00 horas diante do Concello.

Trátase dunha entrega simbólica, porque o resto de bandeirolas se poderán pasar a buscar á Casa da Xuventude, dende hoxe ata o día 15 xuño, de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 21.30 horas, ata esgotar as existencias. Para recollelas, os interesados deberán presentar o DNI e o enderezo do domicilio familiar, e deberán comprometerse a colgalas do balcón ou fiestra da súa casa, dende o 14 ao 20 de xuño, así como a subir unha fotografía ás redes sociais co cancelo #AvivandoAchama

No evento, tamén se presentará o vídeo promocional do Arde Lvcvs, no que participaron as asociacións da festa e que contará con recoñecidos artistas. A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anima a toda a cidadanía a colaborar engalanando as súas vivendas, porque “debemos implicarnos todos para avivar a chama desta festa, que celebramos de maneira moi diferente debido as restricións sanitarias”. “Non só é un desexo senón unha necesidade anímica para a nosa cidade nestes momentos”, sostén a rexedora.

Mauricio Repetto, concelleiro de Xuventude, área que organiza esta festa, anunciou que se poderá recoller un estandarte por domicilio e que en total se distribuirán 1.000 para encher a cidade de mensaxes que axudarán a “non perdan o espírito festivo”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...