Home Lugo e contorna Evacuado un operario tras sufrir un golpe coa máquina coa que traballaba en Portomarín

Evacuado un operario tras sufrir un golpe coa máquina coa que traballaba en Portomarín

0
Evacuado un operario tras sufrir un golpe coa máquina coa que traballaba en Portomarín
Helicóptero medicalizado do 061 | ALX

Un traballador foi evacuado este luns pola mañá despois de resultar ferido ao recibir un golpe coa maquinaria que empregaba no municipio de Portomarín.

Segundo relatou o 112 Galicia, este operario foi trasladado en helicóptero medicalizado ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo tras resultar ferido ao recibir un golpe coa máquina coa que traballaba.

O 112 Galicia tivo coñecemento deste accidente laboral sobre as 11,30 horas deste luns a través do aviso dos servizos sanitarios, que informaron de que ían enviar o helicoptero medicalizado con base en Ourense á parroquia de San Mamede do Río, no concello lucense de Portomarín.

Nese momento, por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia deuse aviso á Garda Civil e á Protección Civil de Portomarín. Finalmente, Urxencias Sanitarias confirmou o traslado do ferido en aeronave ao HULA.

+ posts