InicioSociedadeSoben os casos activos en Lugo, que mantén estable a presión hospitalaria

Soben os casos activos en Lugo, que mantén estable a presión hospitalaria

Nas últimas horas descubríronse un total de 18 novos contaxios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A pandemia de Covid mantense a raia na área sanitaria de Lugo, Monforte e A Mariña. De feito, é a única zona de Galicia que nesta última xornada aguanta e non repunta as persoas enfermas de covid que require hospitalización, que seguen no total de 12, das que tres están na UCI. Con todo, Lugo tamén é a excepción, xunto con Ferrol, na tendencia de casos activos, que volven aumentar en dez persoas ata o total de 244. No que se refirre aos novos contaxios descubertos nas últimas horas, a área de Lugo suma 18, segundo os datos publicados este domingo pola Consellería de Sanidade, solicitados ata as 18,00 do sábado.

NO CONXUNTO DE GALICIA

Galicia cumpre a terceira semana sen estado de alarma cun repunte importante da presión hospitalaria pola pandemia de covid-19, xa que os ingresados subiron en 10 nas últimas 24 horas, ata o total de 117. Iso si, os casos activos da enfermidade volveron a baixar por oitavo día consecutivo e sitúanse en 2.300, debido a que as altas seguen superando aos novos contaxios. No que respecta á presión asistencial, a subida no número de ingresados débese ao aumento dos pacientes en planta, que suman 89 –10 máis–, aínda que os de unidades de coidados intensivos se manteñen sen variacións, nos 28.

Desde o inicio da pandemia, Galicia realizou 2.247.556 PCR, o que permite deducir que nas últimas 24 horas se fixeron 5.779 probas. Son unhas 300 máis que o día anterior. Polo seu lado, a taxa de positividade mantense no 1,9%, valor que segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada esta pandemia. A última vez que Galicia excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro.

+ posts

ÚLTIMAS

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

Luz verde do Concello de Lugo para ampliar o paseo do río Rato

A xunta de goberno local de Lugo deu luz verde á intervención no tramo...

O Club de Loita Lugo recibe 10.000 euros da Xunta para reforzar equipamentos

A Xunta achegou 10.000 euros ao Club de Loita Lugo para adquirir unha furgoneta,...