InicioLugo e contornaLugoLugo ten a menor taxa de paro dos concellos galegos

Lugo ten a menor taxa de paro dos concellos galegos

Figura no posto 13 dos Indicadores Urbanos que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE).

PUBLICADA O

- Advertisement -

Oleiros (posto 21), A Coruña (46) e Santiago (48) son o tres únicos municipios galegos no top 50 de España con maior renda anual por habitante, mntres que Lugo é un dos que menor taxa de paro ten ( posto 13), segundo figura nos Indicadores Urbanos que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Pozuelo de Alarcón (28.326 euros) encabeza esta lista que emprega datos de 2018. Pola súa banda, Oleiros conta cunha renda anual por habitante de 16.170 euros, mentres A Coruña (14.106) e Santiago (13.950 euros) están a máis distancia. Ademais, ningún concello galego está no top 50 de menor renda.

Así mesmo, nesta estatística pódense observan diferentes indicadores. Por exemplo, entre os municipios con menor taxa de paro están Lugo (posto 13) e Santiago (14), que contan cunha taxa do 10,1% e 11%, respectivamente.

En cambio, Ferrol é o concello con peor taxa de actividade do país (do 49%). Tamén Ourense ocupa o noveno peor posto, co 51,4%. Pola súa banda, hai ata catro municipios galegos no top 15 de menor número medio de fillos por muller: Ourense (posto 9), Ferrol (11), Vigo (14) e A Coruña (15). Nos catro casos a media é de pouco máis dun fillo.

ÁREAS METROPOLITANAS

Ademais, o INE ofrece datos por áreas metropolitanas, máis aló de municipios. Deste xeito, a área da Coruña é a décima de España con maior renda (13.437 euros).

Así mesmo, a área de Vigo é a sétima con maior proporción de emprego na industria, co 19,2%, mentres que aquí a área de Ferrol ocupa o décimo posto (17,8%).

ÚLTIMAS

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PSOE acusa ao PP de “degradar” as infraestruturas de Lugo: da VAC Costa Norte ao corredor Nadela-Monforte

A deputada no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, denunciaron...