InicioLugo e contornaLugoCondenan ao Carrefour a ampliar o horario laboral a un traballador

Condenan ao Carrefour a ampliar o horario laboral a un traballador

O traballador pediu ata en tres ocasións que se lle aumentara o horario de traballo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xulgado do social número 2 de Lugo recoñeceu o dereito dun traballador de Carrefour a ampliar a súa xornada laboral de 24 horas semanais a 39, e condena á empresa a abonarlle unha indemnización de máis de 6.000 euros en concepto de lucro cesante, pola diferenza entre o que cobrou e o salario que percibiría se prestase os seus servizos a xornada completa.

O traballador afectado, segundo informa a CIG, leva prestando servizos para Carrefour en Lugo a tempo parcial desde 2004, cunha xornada semanal de 24 horas. Tomou a decisión de presentar denuncia en marzo de 2018, apunta, despois de solicitar á empresa que se lle ampliase a xornada ata en tres ocasións entre maio de 2016 e novembro de 2017.

No entanto, “a cada unha das peticións, a compañía respondeu con silencio e iso a pesar de que nese período producíronse varias vacantes e novas contratacións neste centro de traballo”, segundo reproba a CIG.

O convenio colectivo de grandes almacéns, apunta, establece no seu artigo 9 que, no caso de incremento do persoal ou de existir vacantes a cubrir, en similar función, a igualdade de condicións, os traballadores con contratos a tempo parcial terán preferencia sobre as novas contratacións a tempo completo.

En concreto, o xulgado recoñece o dereito do traballador a ampliar a xornada de traballo con efectos económicos desde o 30 de novembro de 2017, data na que presentou a última solicitude á empresa e condena a Carrefour a abonarlle unha indemnización de case 6.000 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...