InicioTerra CháVilalbaO incendio da nave de xamóns de Vilalba calcina parte da fábrica...

O incendio da nave de xamóns de Vilalba calcina parte da fábrica e afecta á súa estrutura

A graxa do produto dificultou as tarefas de extinción.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O incendio orixinado nunha nave industrial e almacén de xamóns e embutidos, Xamóns Francisco Otero, en Vilalba, afectou a parte da estrutura da fábrica e a unha das dúas plantas, o tellado e a parte baixa, na que se atopaba o secadero de xamóns.

A pesar dos importantes danos materiais cuantificados, o lume, orixinado sobre as 20,30 horas deste sábado nunha fábrica de embutidos situada no lugar de Goiriz, non deixou feridos, segundo explicou o 112 Galicia.

Polo momento, os bombeiros de Vilalba manteñen controladas as chamas. Así, un retén de efectivos, xunto co servizo de extinción de incendios de Barreiros e Protección Civil da localidade, permanece no lugar para evitar a propagación de posibles focos de lume ata a súa completa extinción.

Tras ser controlado o lume, a Xunta desactivou na mañá deste domingo o Plan de Emerxencias Territorial de Galicia (Platerga), que se estableceu na noite anterior para garantir a coordinación dos organismos mobilizados para facer fronte á situación de risco.

En concreto, un particular alertou ao 112 Galicia de que saía fume polo tellado dunha nave de xamóns, situada na N-634, en Goiriz, sobre as 20,30 horas deste sábado. Posteriormente, púxose en marcha un amplo dispositivo de intervención.

Durante a noite deste sábado a este domingo, os bombeiros lograron conter as chamas e a intensidade do lume comezou a diminuír. Así, os medios despregados comezaron a retirarse do lugar, onde este domingo os bombeiros de Vilalba continúan os traballos de extinción.

Ata a mañá deste domingo, as chamas consumiron ao redor dunha terceira parte da nave, onde se atopaba o secadero de xamóns. Precisamente, a graxa do produto dificultou as tarefas de extinción.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...