InicioCulturaCase 200 estudantes da provincia ilustran citas de Castelao

Case 200 estudantes da provincia ilustran citas de Castelao

Maite Ferreiro agradeceu a “boa acollida” de IlustrarNÓS por parte dos centros de ensino. A entrega de premios será o 28 de maio na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Certame Escolar de Ilustración ilustrarNOS convocado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo recibiu 188 traballos de estudantes de centros educativos de primaria e secundaria da provincia. Trátase de ilustracións orixinais e inéditas baseadas en citas de Alfonso Daniel R. Castelao, tal como se propoñía nas bases do concurso, que ten como obxectivo promover a creatividade artística e plástica entre o alumnado.

Na categoría de 5º e 6º de Educación Primaria presentáronse 111 traballos, 47 na categoría de 1º e 2º de Educación Secundaria e 30 na de  3º e 4º de Educación Secundaria. Entre os participantes, figuran alumnos e allumnas do CEIP Anexa, CEIP  Rosalía de Castro, CPR La Inmaculada, Coleixo Fingoi, CPR San Xoxe, IES Lucus Augsuti e o IES San Xillao, de Lugo; o CEIP Manuel Mallo de Nadela; o CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo; o IES Perdouro de Burela e o IES San Rosendo de Mondoñedo.

A vicepresidenta e responsábel de Cultura, Maite Ferreiro, agracedeceu “a boa acollida por parte dos centros a este certame que puxemos en marcha este ano, con vocación de continuidade”.

Maite Ferreiro nunha das actividades de IlustrarNÓS / Deputación de Lugo

XURADO

Un xurado formado pola ilustradora Bea Lema, a deseñadora gráfica Belén Freijeiro e Alejandro Carro, vicedirector da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramon Falcón de Lugo, encargouse da valoración das obras, tendo en conta aspecto como a orixinalidade e a creatividade na interpretación da cita, a técnica e composición da imaxe ou a súa aportación narrativa.

Os galardóns aos mellores traballos de cada categoría entregaranse o vindeiro 28 de maio na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos. As alumnas e/ou alumnos recibirán como premio un IPAD con aplicacións de deseño gráfico e unha colección de libros ilustrados (álbum, banda deseñada, novela gráfica, etc.), axeitados a súa idade.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...