InicioSucesosDesarticulado un novo punto de venda de droga en Lugo

Desarticulado un novo punto de venda de droga en Lugo

Axentes da Policía Nacional detiveron un veciño con antecedentes por tráfico de drogas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, encargados da investigación dos delitos relacionados coa saúde pública, detiveron un home veciño da cidade, con antecedentes por tráfico de drogas, no marco dun operativo que se saldou con outro punto de venda de sustancias estupefacientes desarticulado. O individuo foi arrestado tras unha venda polo miúdo.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos que sucederon o pasado mércores cando axentes realizaban labores de control e vixilancia na zona do alto de Garabolos, “debido á cantidade de denuncias e requirimentos dos cidadáns e comerciantes da zona”, que fixeron chegar a dependencias policiais a través do delegado de Participación cidadá e diferentes medios.

Estas queixas veciñais referíanse a que “nos últimos tempos observaban no barrio unha gran cantidade de persoas de aspecto toxicómano que non eran habituais nin residentes no barrio”, destaca a Policía.

Por todo iso abríronse pescudas para a comprobación do relatado. Así, o pasado mércores axentes da Policía Nacional que prestaban servizo na zona observaron un vehículo que circulaba pola zona “a unha velocidade inadecuada e os ocupantes realizando xestos e tiñan actitudes pouco propias da situación”.

Por iso procederon a realizarlles un seguimento que levou a comprobar como continuaban coa mesma actitude, á vez que invadían zonas peonís na praza da Milagrosa, e realizaban “varias manobras impropias dunha condución normal”, asegura a Policía.

Ao chegar de novo á zona da Medusa pararon o vehículo e baixou del a condutora que se dirixiu a pé pola beirarrúa, á vez que o acompañante procedeu a conducir o turismo na mesma dirección.

INTERCAMBIO

A muller mantivo contacto cun home na beirarrúa, co que se puido ver que facía “un intercambio, dun pequeno paquete branco, á vez que ela lle entregaba un billete”, relata a Policía, para posteriormente dirixirse de novo ao coche e tomar os mandos para emprender a marcha. A Policía seguiu co seguimento e cando o turismo se detivo foi interceptado polos policías que realizaban o operativo, que puideron comprobar como preparaban o consumo dunha dose de cocaína, a cal foi incautada.

Con todo iso procedeuse á identificación do vendedor da sustancia, ao cal se lle incautaron 290 euros en moeda fraccionada, procedente da venda de sustancias estupefacientes. Así, foi detido por un delito de tráfico de drogas. O individuo arrestado quedou en liberdade unha vez se lle tomou declaración en dependencias da Policía Nacional na rúa Chandada. De todo iso informouse ao xulgado de garda.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...