InicioCulturaRuta literaria en Lugo coma homenaxe a Xela Arias

Ruta literaria en Lugo coma homenaxe a Xela Arias

As andainas para enxalzar o papel da muller nas Letras Galegas continuarán os vindeiros sábados 22 e 29 de maio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área de Muller e Igualdade organizou este sábado unha nova andaina na honra de Xela Arias. Con esta actividade, a concellería que dirixe Silvia Alonso pretende enxalzar o papel da muller nas Letras Galegas, coincidindo coa celebración desta efeméride.

A camiñada, que partiu ás 11:00 horas dos soportáis do Concello, na Praza Maior, permitiu ás persoas participantes desfrutar dun fermoso paseo por Lugo, co paraugas como aliado e tendo como fío condutor a obra das autoras homenaxeadas en anteriores anos: Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño e María Victoria Moreno.

A edil destacou a “importancia de reivindicar a figura de Xela Arias” e o seu compromiso coa defensa dos dereitos femininos ao tempo que sinalou que “estes roteiros permiten ás e os asistentes gozar igualmente da riqueza das súas composicións en cada unha das paradas que se fan durante o percorrido pola rúa das Nóreas, Raíña, María Balteira, Praza de Santa María e tamén no Parque Rosalía de Castro”.

Silvia Alonso lembrou que a programación organizada dende Casa da Muller terá continuidade durante os vindeiros sábados e convidou á cidadanía a acudir aos actos previstos entre os que tamén se inclúe un concerto ao aire libre que se celebrará o vindeiro día 29 de maio.

+ posts

ÚLTIMAS

PPdeG e BNG suman os seus votos para que non prospere a moción de confianza en Vilalba

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), non superou este xoves a cuestión de...

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...