InicioMovementos sociaisNais e pais de Baamonde farán un tramo do Camiño para visibilizar...

Nais e pais de Baamonde farán un tramo do Camiño para visibilizar a súa loita polo futuro do colexio

"Faremos todo o que estea nas nosas mans", din dende a ANPA, críticos co "desmantelamento" que sofre esta parroquia de Begonte.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Nais, pais e veciños de Baamonde (Begonte) realizarán o próximo 9 de maio un tramo do Camiño de Santiago para reivindicar que o colexio da localidade siga operativo.

A acción foi anunciada este venres pola portavoz da ANPA de Baamonde, Paula Iglesias, que manifestou que a protesta conta co apoio da Federación de Anpas da Provincia (FAPACEL) e coa asociación de veciños desta parroquia de Begonte.

Así, a marcha cubrirá a ruta que une Vilalba e Baamonde para protestar polo anunciado peche do colexio, cuxas instalacións queren ser convertidas nun conservatorio ou unha escola de música polos gobernos local e autonómico.

“Imos facer ese tramo para que non peche o cole e en xeral para protestar tamén polo desmantelamento que se está facendo da vila”, puntualizou Iglesias, que lembrou que, no momento no que se abriron as matrículas “cada un buscouse a vida”.  Neste sentido, a representante da ANPA sinalou que “hai pequenos que se matricularon en Guitiriz, en Parga e mesmo en Vilalba”.

“Ao final non houbo unificación e foi un desmantelamento en toda regra porque cada un se tivo que buscar a vida”, lamentou, que aseverou que veciños e pais farán “o que sexa” para evitar o peche do colexio de Baamonde. “Iremos improvisando sobre a marcha, pero faremos o que dentro das nosas posibilidades estea nas nosas mans”, avisou finalmente a portavoz da ANPA de Baamonde.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...