InicioSociedadeA Audiencia avala a apertura de xuízo oral contra a acusada de...

A Audiencia avala a apertura de xuízo oral contra a acusada de matar a nena Desirée

Os maxistrados desestiman os recursos interpostos polas partes, que solicitaban a práctica de novas dilixencias antes de dar por concluída a investigación

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo avalou, tal e como decretou o Xulgado de Instrución número 1 de Vilalba, o peche da investigación e a apertura de xuízo oral contra a acusada de matar a súa filla (a nena Desirée) en Muimenta en maio de 2019.

Os maxistrados desestimaron os recursos presentados polas partes, quen solicitaban a práctica de novas dilixencias antes de dar por concluída a investigación, e confirmaron o auto ditado pola xuíza instrutora.

O tribunal da Audiencia Provincial, informou o TSXG, estima que ningunha das dilixencias pretendidas pode ser considerada imprescindible de cara á apertura do xuízo oral, á vez que lembra que iso “non significa que non poidan ser traídas á causa aquelas que poidan ter relevancia”. Así, os maxistrados lembran que as partes poderán “reiteralas no trámite de cuestións previas”.

Nos termos do artigo 25 da Lei do Xurado, segundo destacan os xuíces, “as partes poderán solicitar as dilixencias de investigación que estimen oportunas”. Agora ben, segundo o seu artigo 27, o xulgado de instrución, no caso de que acorde a continuación do procedemento e entre a resolver sobre a pertinencia das dilixencias solicitadas polas partes, “só ordenará practicar ou practicará por si unicamente as que considere imprescindibles para decidir sobre a procedencia da apertura do xuízo oral e que non puidesen practicarse directamente na audiencia preliminar prevista na presente Lei”.

SEN AUDIENCIA PRELIMINAR

A xuíza ditou a apertura de xuízo oral sen a celebración da audiencia preliminar ao renunciar a defensa a ela, tal como recóllese no artigo 30.2 da Lei do Xurado.

A Audiencia, en canto ao fondo do recurso, entende que algunhas das dilixencias pedidas polas partes e denegadas pola instrutora non son relevantes, entre as que enumera a reconstrución dos feitos, “que non se mostra como imprescindible, nin sequera plausible, neste momento procesual”; así como o oficio ao Departamento de Bioloxía do Servizo de Criminalística da Garda Civil para ampliación do seu informe de 29 de xullo de 2019, “que non resulta imprescindible, en termos de razonabilidade, e sen prexulgar o fondo, para a acreditación do feito”.

Así, engade a petición dun novo informe ao especialista en psiquiatría que na actualidade estea asignado no centro penal de Teixeiro á investigada, “a tenor dos informes desta natureza que xa obran na causa”.

ÚLTIMAS

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PSOE acusa ao PP de “degradar” as infraestruturas de Lugo: da VAC Costa Norte ao corredor Nadela-Monforte

A deputada no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, denunciaron...

O PP de Lugo sitúa a vivenda como prioridade e promete facer “accesible o que Sánchez fixo imposible”

"A vivenda é un desafío prioritario para o Partido Popular", manifestaron este venres deputados...