InicioSociedadeLugo presenta o seu cuarto Plan de Igualdade co obxectivo de construír...

Lugo presenta o seu cuarto Plan de Igualdade co obxectivo de construír unha “cidade feminista”

O documento que o vertebra inclúe 72 medidas sobre perspectiva de xénero na administración, promoción do asociacionismo, equidade de oportunidades no mercado laboral ou violencia de xénero

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou este luns o cuarto Plan de Igualdade que porá en marcha o Concello, para o período 2021-2025, un documento que se presenta baixo o lema ‘Mulleres con forza’ e que busca converter a Lugo nunha “cidade feminista”.

Méndez precisou que este novo documento, que podería estar finalizado en maio, “é unha guía” coa que o goberno local quere “seguir impulsando intervencións públicas directas no marco das súas competencias, para conseguir esa cidade respectuosa, feminista e cun modelo de convivencia que se base na igualdade de oportunidades para todos, e en especial para a muller”.

Na guía participaron distintas “asociacións, sindicatos e a universidade”, que fixeron chegar “máis de 130 achegas para o papel da sociedade civil nas estratexias da loita pola igualdade”. A alcaldesa aproveitou a presentación para avanzar que se investirán “preto de 800.000 euros” só este ano, un dato que comparou co que consigna a Xunta, que “son 500.000 euros anuais para toda a provincia”.

Este novo plan de igualdade recolle “un total de 72 medidas e 28 obxectivos específicos que se enmarcan en nove eixos de actuación, entre outros a tranversalización da perspectiva de xénero na administración, a promoción do asociacionismo e a participación das mulleres, a sensibilización en materia de igualdade de oportunidades ou violencia de xénero, trata e explotación sexual”.

“Impulsaremos tamén un servizo de orientación laboral e apoio ao emprendemento específico para mulleres, e poremos en marcha accións formativas no manexo básico de novas tecnoloxías a mulleres sen coñecementos previos, para axudar na busca de traballo”, debullou a alcaldesa.

Finalmente, Lara Méndez chamou a atención da cidadanía “para que se manteña alerta, para que os movementos da ultradereita non se consoliden, polo risco que existe para os dereitos das mulleres”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...