InicioMedioambiente e PatrimonioAlertan sobre o "desastre ambiental" que podería provocar a futura megagranxa avícola...

Alertan sobre o “desastre ambiental” que podería provocar a futura megagranxa avícola do Corgo

Unha asociación ecoloxista critica que o proxecto non contempla medidas para evitar a contaminación das augas a pesar da presenza de zonas húmidas na contorna.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O colectivo Ecoloxistas en Acción entrevistouse cas forzas políticas do Concello do Corgo para compartir a súa preocupación ante o proxecto de magrogranxa avícola que está previsto que se instale no municipio cunha capacidade de máis de 70.000 pitos.

A organización ecoloxista, integrante da “Coordinadora Estatal Stop Gandería Industrial”, pon o foco nos riscos ambientais que tales instalacións poderían provocar. Falan, pois, de risco de envelenamento de acuíferos polas verteduras de xurros e mais da “forte pestilencia” que afectaría un amplo radio.

Explican que a “contaminación por nitratos das súas augas” estaría agravada no caso concreto deste proxecto do Corgo, pois as parcelas onde se pretende establecer a granxa “teñen unha faciana lacustre propia dun humidal ao estar atravesada por varios regatos alén do río Maceda“. Isto suporían, critican, que a contaminación chegaría aos mananciais próximos á zona.

A voceira de Ecoloxistas en Acción en Lugo, Nery Díaz, sinala que “na documentación do proxecto non se observa ningunha medida especial para evitar a contaminación. Non queremos que aquí suceda o que está pasando na Limia e contaminen as augas”.  “Pedímoslle aos partidos e á veciñanza do Corgo que rexeiten o desastre ambiental que se llen ven enriba de implantarse esta xigantesca macrogranxa”.

A modo xeral, afean que España se converteu no “refuxio das macro granxas ante unha industria que foxe da esixente regulación ambiental da maioría do paises europeos e busca lexislacións laxas  e gobernos permisivos para evitar asumir os costes ambientais que causan as súas explotacións cárnicas”.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...