InicioSociedadeA Federación Veciñal de Lugo asume o liderado da Confederación galega por...

A Federación Veciñal de Lugo asume o liderado da Confederación galega por dous anos

A entidade agrupa 500 colectivos de toda a comunidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A Federación de Asociacións de Veciños de Lugo asume para os dous próximos anos o liderado da Confederación Galega de Asociacións de Veciños (Cogave), na que se agrupan máis de 500 colectivos veciñais de toda Galicia.

Fernando Rois é, desde hoxe, o novo presidente de Cogave, mentres que José Manuel Carballo exercerá como portavoz, Jesús Vázquez -presidente da Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo- levará a parte económica e Luis Abel ocupará o cargo de secretario.

Está previsto que ao longo deste venres a nova directiva de Cogave manteña encontros co delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias; o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e a alcaldesa da cidade, Lara Méndez.

En declaracións a EFE, Vázquez afirmou que a intención da nova directiva é “relanzar á Cogave, que está formada por federacións de veciños de toda Galicia”, precisamente “para definir o papel que debe desempeñar o movemento veciñal”. Unha función, lembrou, que pasa por “facer propostas, estar á beira dos veciños e defender os servizos públicos”.

A nova directiva de Cogave exercerá a súa función durante os dous próximos anos.

ÚLTIMAS

Lío no Concello de Lugo por unha factura: Candia acusa a Arroxo de malversación

A portavoz do grupo municipal do PP en Lugo, Elena Candia, denunciou o que...

Alerta amarela na provincia de Lugo polo temporal con ventos de 100 km/h

O AEMET mantén o aviso laranxa para o litoral das provincias da Coruña e...

Investigan catro veciñas de Vilalba por presunto delito de furto

A Garda Civil investiga a tres veciñas de Vilalba (Lugo), de...

A Deputación e empresarios da provincia abordan alianzas entre Galicia e Uruguay

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e empresarios abordaron alianzas estratéxicas entre...